Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Novas Tecnoloxías. Produtos de Apoio e Contorno Accesible Código 653540015
Titulación
Máster Universitario en Xerontoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
González-Abraldes Iglesias, Isabel
Marante Moar, María Pilar
Correo electrónico
i.gonzalez-abraldes@udc.es
p.marante@udc.es
Web http://estudos.udc.es/gl/subject/4540V01/4540015/2021
Descrición xeral Con esta materia preténdese dar a coñecer como os novos desenvolvementos tecnolóxicos poden repercutir positivamente en colectivos como o das persoas maiores. Con este novo escenario facilítase un incremento notable de desenvolvemento de Produtos de apoio e medios que permiten a accesibilidade para os nosos maiores.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Proba obxectiva *Metodoloxías docentes que se modifican As clases maxistrais e as prácticas a través das TIC pasarán a darse de forma virtual a través da plataforma de Microsoft Teams. A proba obxectiva pasaría a realizarse empregando Moodle. A atención personalizada para a resolución de dúbidas farase mediante Microsoft Teams, Moodle e por correo electrónico. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos temas” da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. - En caso de que o alumnado teña problemas de conexión a internet poderase utilizar a vía telefónica. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense as porcentaxes da avaliación, especificadas na guía docente, realizando o exame de forma virtual mediante a ferramenta Moodle. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que se realizarán respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial e a partir de aí considerarase a asistencia ás clases virtuais no horario establecido previamente co alumnado. - En caso de ser preciso, a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías