ESTA GUÍA É VÁLIDA TANTO PARA A MODALIDE PRESENCIAL COMO A MODALIDADE A DISTANCIA
A materia ten por obxectivo achegar unha visión integral do incio de proxecto, está dividida en tres módulos, o primeiro destinado á análise da contorna e planificación estratéxica dunha actividade de promoción inmobiliaria/empresa construtora, o segundo destinado á realización de estudos de viabilidade de proxectos de investimento inmobiliario e o terceiro dedicado á implantación de procedementos de xerencia na fase inicial do proxecto.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios.
2. Metodoloxías
Os alumnos que figuren na modalidade presencial pásanse á non presencial, por tanto, aplícanse as da modalidade non presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mediante as plataformas oficiais da UDC. (As aplicadas na modalidade non presencial):
-Correo electrónico: para contestar consultas, solicitar encontros virtuais, resolver dúbidas e facer seguimento de traballos tutelados, etc.
-Moodle: achega de contidos das materias, dirixir foros, xestionar titorías, realizar probas, impartir leccións, etc.
- Teams: realización de clases mantendo preferentemente os horarios iniciais presenciais, titorías en grupo, individuais, conferencias, etc.
- Calquera outra plataforma ou aplicación habilitada pola UDC.
4. Modificacións na avaliación
Os alumnos que figuren na modalidade presencial pásanse á non presencial, por tanto, aplícanse os criterios da modalidade non presencial.
5. Modificacións dá bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías