Esta disciplina busca introducir ao alumno nos procesos e técnicas da Análise Documental de recursos electrónicos de especial relevancia dentro do ámbito da Documentación como disciplina científica. Profunda e amplía os coñecementos adquiridos na materia de Análise Documental e céntrase nos seguintes elementos:
a) Os conceptos e formulacións teóricas centrais no estudo da catalogacíón asistida dos documentos electrónicos especiais.
b) Estudo do marco de normalización con particular atención ao formato MARC 21
c) Aténdese aos procesos catalográficos; abórdanse os seus niveis operativos, e estúdanse os procesos de catalogación descritiva MARC
d) Búscase a aplicación práctica do estudado no marco conceptual e metodolóxico técnico.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios. Materia sen docencia no curso 2021-2022.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas excepto a Proba mixta, que sufre modificacións únicamente na maneira de levala a cabo. Materia sen docencia no curso 2021-2022.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba mixta presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona on line, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos que non podan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar á docente da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams, Moodle (retroalimentación formativa das actividades)
Temporalización: Atenderase ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación establezase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para vídeo-conferencias a través de Teams.
4. Modificacións na avaliación.
Non haberá cambios con respecto ao que se propón no apartado de Avaliación da guía. O único cambio é que a Proba mixta pasaría a facerse telemáticamente.
*Observacións de avaliación:
As mesmas que constan no apartado de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai cambios con respecto ao último curso no que se impartíu a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías