Materia que desenvolve os contidos teóricos e prácticos necesarios para o coñecemento e uso das linguaxes documentais con unha ferramenta de indización é a linguaxe ben sexa de carácter controlado ou libre.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios. Materia sen docencia no curso 2021-2022.
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen:
Todas excepto a Proba oral, que sofre modificacións unicamente na maneira de levala a cabo. Materia sen docencia no curso 2021-2022.
Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba oral presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona en liña, realizándose unha vídeo conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos que non podan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar á docente da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, eventualmente, poderase organizar un sistema de avaliación alternativo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams, Moodle ( retroalimentación formativa de las actividades)
Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rogase que, en primeira instancia, a comunicación establézase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para vídeo-conferencias a través de Teams.
4. Modificacións na avaliación.
Non haberá cambios con respecto ao que se propón no apartado de Avaliación da guía. O único cambio é que a Proba oral pasaría a facerse telemáticamente.
Observacións de avaliación:
As mesmas que constan no apartado de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai cambios con respecto ao último curso no que se impartiu a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías