O obxectivo desta materia é explicar os conceptos fundamentais da planificación e desenvolvemento das coleccións nas unidades de información, así como das técnicas existentes para a preparación de plans de desenvolvemento e de adquisición dos recursos informativos físicos e electrónicos e a xestión dos mesmos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen: todas (materia en extinción, non hai docencia).
Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha (materia en extinción, non hai docencia).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: titorías a través de Teams e correo electrónico cando o soliciten os/as alumnos/as.
4. Modificacións na avaliación: proba obxectiva mediante un cuestionario en Forms, no que se avaliarán os contidos teóricos e prácticos da materia. Tempo para a súa realización: 40 minutos. Cualificación: 100%
O alumnado pode e debe empregar e revisar toda a documentación relacionada cos temas da materia para dar resposta ás preguntas da proba.
Observacións de avaliación:
Os alumnos e alumnas que non poidan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar ao profesorado da materia tal circunstancia, ofrecendo unha motivación con suficiente antelación.
A realización fraudulenta da proba implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida.
Primeira e segunda oportunidade: mesma metodoloxía de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías