Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Trataranse os mesmos temas, aínda que algúns de xeito máis simplificado.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Proba mixta presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona on line, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo-conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos e alumnas que non podan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar ao docente da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo.
- Sesión maxistral (presenciais): substituída por docencia non presencial síncrona e asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de novas de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade on line para consultas e seguimento do alumnado.
- Traballos tutelados: A exposición oral prevista pasará a realizarse a través dunha video-conferencia en Teams.
- Portafolios: Incorpórase a posibilidade de realizar dentro desta metodoloxía test en moodle ou Google Forms para controlar o seguimento do temario.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Ferramentas: Correo electrónico, Microsof Teams. Moodle (retroalimentación formativa das actividades).
- Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación establézase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posibel concertar citas para videoconferencias a través de Teams.
4. Modificacións na avaliación;
- Portafolios, lecturas e traballos tutelados: non hai cambios nos criterios de valoración.
- Proba mixta (on line): Peso na cualificación 40%. Pasará a realizarse a través de medios telemáticos. En canto aos criterios de valoración non hai cambios.
*Observacións de avaliación:
As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
O material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindíbeis) se colgarán na plataforma moodle ou darase acceso a eles a través de enlaces de Internet.
Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas. |