Desenvolvemento de Produtos e Marcas de Videoxogos
Código
730529002
Titulación
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Análise Económica e Administración de Empresas Empresa
Coordinación
Salido Andrés, Noelia
Correo electrónico
noelia.sandres@udc.es
Profesorado
Salido Andrés, Noelia
Correo electrónico
noelia.sandres@udc.es
Web
Descrición xeral
O principal obxectivo desta asignatura de máster é achegar aos estudantes á relevancia das variables Produto e Marca, e ao encaixe dun efectivo desenvolvemento das mesmas na competitiva industria dos Videoxogos. Para logralo, os estudantes abordarán a investigación da política de produtos; coñecerán o proceso de innovación e desenvolvemento de produtos; e aprenderán a xestionar as marcas e o seu valor no deseño de videoxogos, como resposta ás demandas dos principais gupos de interese nunha industria global, creativa, e cambiante nun contexto de pandemia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizan modificacións.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Traballos tutelados
- Proba de resposta múltiple
- Sesión maxistral
*Metodoloxías docentes que se modifican:
No caso de docencia íntegramente non presencial, modifícanse as seguintes metodoloxías de cara a súa adaptación:
- Traballos tutelados: preparación e celebración das tutorías a través de sesións síncronas en Teams, dacordo á planificación prevista e compartida cos estudantes en Moodle. Os grupos traballarán autónomamente pola vía virtual. As presentacións serán virtuais -individuais e/ou grupais- dos casos prácticos realizados e a través de Teams.
- Proba de resposta múltiple: realización virtual da proba a través da plataforma Moodle.
- Sesión maxistral: impartiránse as sesións maxistrais a través de Teams, en síncrono, e dacordo ao calendario previsto.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Moodle:
-Correos informativos a través do foro de novas.
-Posta a disposición do alumnado dos calendarios de presentacións de casos prácticos.
-Posta a disposición do alumnado dos calendarios de tutorías de casos prácticos.
-Proba de resposta múltiple (examen)
Teams:
-Tutorías plenarias e grupais no marco dos traballos tutelados.
-Impartición sesións maxistrais.
-Presentación casos prácticos.
-Impartición tutorías individuais e de grupo reducido.
Correo electrónico:
-Contacto cos estudantes.
-Resolución de dúbidas.
-Recomendación de recursos bibliográficos, webgráficos e documentais adicionais.
4. Modificacións na avaliación:
Manteñénse as metodoloxías e os correspondentes pesos na cualificación.
*Observacións de avaliación:
As mesmas que figuran na GADU.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non se realizan modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías