Esta materia trata de iniciar ao estudante nos principios básicos e xerais da profesión utilizando o paradigma enfermeiro como base conceptual, considerando á persoa, familia e comunidade como elementos principais para a aplicación dos coidados enfermeiros apoiando-se en modelos e teorías de enfermaría.
Plan de continxencia
A docencia será presencial. No caso de que algún/algunha estudante (ou grupo de estudantes) se encontre confinado/a por COVID-19 ou contacto estreito, terá que conectarse de forma síncrona a través da plataforma TEAMS á clase presencial e remitir os traballos propostos a través da plataforma moodle. No caso de que algún/algunha alumno/a (ou grupo de alumnos/as) se encontre confinado/a por COVID-19 ou contacto estreito o día marcado para a avaliación presencial, terá que remitir os informes que o avalen, e se acordará unha data de avaliación entre a docente e o/a estudante unha vez finalizado o illamento.
No caso dunha nova situación de pandemia que provoque o peche das actividades presenciais levaranse a cabo as seguintes medidas:
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizará ningunha modificación.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Todas.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Realizarase de maneira virtual a totalidade das sesións maxistrais, seminarios e probas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.
4. Modificacións na avaliación:
Ningunha.
*Observacións de avaliación:
A realización das probas será mediante o uso das ferramentas informáticas institucionais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías