Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade para levar a cabo na aula co obxectivo de coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado de cara á materia. Posteriormente, darase a coñecer os obxectivos e competencias a adquirir na materia, así coma ao forma de traballar na mesma.
Foro virtual Espazo de comunicación entre o alumnado e a/o docente, así coma entre as/os estudantes para traballar as metodoloxías máis adecuadas para realizar propostas docentes innovadoras en Tecnoloxía. Valorarase o contido das achegas feitas. Ditas achegas teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas pola/polo docente.
Traballos tutelados Traballos grupais realizados polo alumnado sobre temas referidos a proxectos de innovación educativa.
Realizaranse en pequenos grupos de 3 ou 4 estudantes, segundo as características do grupo-clase correspondente.
Cada grupo de traballo responsabilizarase dun dos temas suxeridos pola/polo docente.

Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola/polo docente.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación Ambiental.
- Estar tutorizado pola/polo docente, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. As tutorías levaranse a cabo no horario de tutorías da/do docente.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumplir coa extensión e formato especificados pola/polo docente, incluíndo a portada e índice.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondiente citación, no traballo tutelado, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Máster Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Presentación oral Exposición por parte de cada grupo do traballo tutelado realizado na materia. A duración máxima da presentación oral son 20 minutos.
Discusión dirixida Actividade a realizar de xeito individual sobre os traballos realizados e as metodoloxías empregadas.
Servirá como retroalimentación das aprendizaxes.
Estudo de casos Análise de proxectos de innovación que se estean poñendo en práctica na actualidade, de cara á realización dos traballos tutelados, da participación nos foros e á discusión dirixida.
Lecturas Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados.