Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A25 A26 A28 C6 C8 Actividade a realizar de xeito individual sobre os traballos realizados e as metodoloxías empregadas. Servirá como retroalimentación das aprendizaxes.

Valorarase o coñecemento acadado, así coma as reflexións feitas sobre o propio traballo e o dos compañeiros/as.


30
Traballos tutelados A23 A25 A26 A28 C3 Traballos grupais realizados polo alumnado sobre temas referidos a proxectos de innovación educativa.
Realizaranse en pequenos grupos de 3 ou 4 estudantes, segundo as características do grupo-clase correspondente.
Cada grupo de traballo responsabilizarase dun dos temas suxeridos pola/polo docente.

Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola/polo docente.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación Ambiental.
- Estar tutorizado pola/polo docente, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. As tutorías levaranse a cabo no horario de tutorías da/do docente.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumplir coa extensión e formato especificados pola/polo docente, incluíndo a portada e índice.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondiente citación, no traballo tutelado, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Máster Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

A entrega do traballo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria da materia).
40
Foro virtual A26 C3 C6 C8 Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.

Valorarase o contido das achegas feitas. Ditas achegas teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas pola/polo docente.
10
Presentación oral A28 C6 Exposición por parte de cada grupo do traballo tutelado realizado na materia. A duración máxima da presentación oral son 20 minutos.

Todos os membros do grupo deben participar de xeito equilibrado na exposición.
20
 
Observacións avaliación

A
asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Na primeira oportunidade a
cualificación final será a media ponderada das notas dos catro traballos/actividades
(foro virtual, traballo tutelado, presentación oral e discusión dirixida),
debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 ou superior). 

Se
o estudante non acada o 80% de asistencia, non se avaliará o traballo realizado
ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado.

O
alumnado que na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria) non obtivese
unha cualificación final positiva (5 ou superior) ou non se tivera presentado,
realizará unha proba escrita sobre os contidos traballados no foro virtual e
nos traballos tutelados. Ademais, o alumnado realizará de novo as actividades
que na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación de suspenso, ou non
se presentaran (foro virtual, traballo tutelado, presentación oral e discusión
dirixida). Deste xeito, a cualificación final da segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria) será a media aritmética da proba escrita e as das
actividades presentadas, sendo requisito imprescindible obter o aprobado previo
en ámbalas dúas partes. A cualificación das actividades presentadas calcularase
coa mesma ponderación que na primeira oportunidade.

O
alumnado con dispensa académica terá as mesmas condicións que o alumnado non
asistente ao 80% da docencia, sempre e cando realice unhas actividades
deseñadas pola/polo docente que debe de entregar no prazo acordado con este.