Metodoloxías Descrición
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Sesión maxistral Explícanse os contidos teóricos, as bases e fundamentos da materia.
Prácticas a través de TIC Realízanse prácticas en clases utilizando de computadores para o manexo de fontes de información, procura documental, etc.
Análise de fontes documentais Estúdanse e analizan os documentos para profundar os contidos aprendidos na sesión maxistral e para ter unha base para o desenvolvemento de todas as metodoloxías.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario. Visitas a bibliotecas.
Actividades iniciais Actividade que serve como introdución á disciplina. De carácter práctico.