Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O estudante que elixa o módulo de formación dual terá un seguimento personalizado por parte de dous titores: o da universidade e o da empresa. Ambos, en estreita coordinación, elaborarán un proxecto formativo tendo en conta o perfil profesional ao que debe responder o alumnado e a achega da empresa neste desenvolvemento competencial. O proxecto formativo detallará tamén as actividades que o estudante realizará na empresa.
Ambos os titores serán os encargados de realizar o seguimento do desenvolvemento e execución das tarefas e traballos programados de forma que se garanta a adquisición das competencias.