Descrición xeral |
A materia de Iniciativa Emprendedora intégrase no plan de estudos do Máster Oficial en Xestión e Dirección Laboral con carácter optativo, tratando de inculcar o espírito emprendedor e a metodoloxía da creación e dirección de empresas entre os/as universitarios/as, así como a súa capacitación para a elaboración do plan de empresa que todo proxecto empresarial require. Nunha sociedade na que as formas de organización económica son cada vez máis complexas, o estudo da presente materia axudará ás persoas que desexen por en marcha a súa propia empresa ou asesorar no proceso. Facilitará non só o coñecemento e comprensión dos procesos económicos, senón tamén a formación de actitudes éticas e sociais fronte a problemas tales como a creación de riqueza pola empresa, o seu papel na economía, a súa función na distribución de riqueza, a situación actual do mercado de traballo, etc. |