-Saber redactar, sintetizar e presentar ordenadamente un traballo, así como a aplicación a un nivel de usuario de ferramentas informáticas (uso de internet, procesador de textos, presentaciones, etc.) -Saber manejar libros de texto. -Ter coñecementos básicos de inglés -Estudiar e revisar semanalmente a materia impartida, utilizando material bibliográfico para comprender e ahondar na información obtida na clase. -Aclarar co profesor/a as posibles dubidas. -Realizar a preparación dos seminarios. -Participar activamente na clase. Programa Green Campus Facultade de Ciencias:
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto
6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os
traballos documentais que se realicen nesta materia: a) Solicitaranse
maioritariamente en formato virtual e soporte informático b) De realizarse en
papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara,
empregarase papel reciclado, cando sexa posible, evitarase a impresión de
borradores. Incorporación da Perspectiva de Xénero: - Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|