Metodoloxías
Lecturas
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
As clases de prácticas de laboratorio están concebidas coma actividades en grupos reducidos nas que o alumnado participa directamente. Deste xeito realízase unha atención personalizada permitindo un mellor seguimento e orientación.

No caso das lecturas, programarase unha titoría para cada grupo de estudantes co gallo de discutir as actividades propostas e resolver dúbidas das mesmas. Deste xeito poderase tamén analizar se o proceso de aprendizaxe do alumnado é axeitado.

O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).