Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A26 A27 B1 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C3 Será obrigatorio por parte dos alumnos elaborar, resolver e presentar, de manera razoada, os resultados que previamente obtiveron na realización das prácticas de laboratorio, traballándose asimesmo a expresión e interpretación dos mesmos. Esta metodoloxía avaliarase mediante unha proba escrita específica. 15
Sesión maxistral A1 A14 A15 A21 A25 A29 B12 C6 C8 Avalíase a través da proba mixta. 0
Prácticas de laboratorio A2 A9 A11 A13 A26 A30 A31 B6 Asistencia obrigatoria e avaliación do traballo do alumno durante o desenvolvemento das prácticas. A non realización das prácticas impide a superación da materia. Na proba mixta tamén se formularán preguntas relacionadas directamente cos aspectos teóricos e prácticos abordados nas sesións de laboratorio. 15
Proba mixta B3 B8 C1 Proba escrita acerca do grao de coñecemento dos contidos teóricos adquiridos nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio. 50
Estudo de casos B2 B5 B8 O alumno deberá elaborar, presentar e defender en grupo un suposto caso práctico que se lle formulará. Este traballo será avaliado mediante unha rúbrica. 20
 
Observacións avaliación

Para que o alumno sexa avaliado, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, é obligatorio a asistencia ás prácticas de laboratorio, polo que a non realización das mesmas impide a presentación ás probas escritas así como ao seminario e ao estudo de casos. 

Para superar a materia, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, o alumno deberá ter obtido un 2,5 sobre 5 na proba mixta, asistir e realizar todas as tarefas que se consideran obrigatorias (prácticas, seminario e estudo de casos) e obter nelas unha puntuación mínima de 2,5 puntos sobre un máximo de 5.

Para computar na calificación final o valor obtido nos apartados de
seminario, prácticas e estudo de casos, o alumno terá que ter
superado a proba mixta. 

No caso de non superar a materia en primeira opción, na segunda só poderá presentarse á proba mixta. Se non se realizaron as prácticas de laboratorio, non se superará a materia. 

Para que un alumno sexa considerado NON PRESENTADO deberá ter os seguintes requisitos: non ter asistido ás prácticas de laboratorio ou non presentarse á proba mixta. 

Se o número de Matrículas de Honra que se poidan conceder se esgota na primeira opción, non poderá concederse ningunha na segunda opción aínda cando se obteña a máxima nota. 

No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e axeitadamente xustificadas, o profesorado podería eximir total ou parcialmente a un alumno/a de parte do proceso de avaliación. Dito alumno/a tería que someterese a un exame particular que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica será avaliado de prácticas e teoría.

No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.