Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeoloxía/610G02004
Xeografía física/610G02006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Perspectiva de xénero
Tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións. Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.