Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticas externas I | Código | 610G02047 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | A empresa ou institución nomeará un titor, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, e que se encargará das seguintes funcións: 1. Proporcionar ao Centro unha breve descrición do traballo a realizar polo estudante, indicando os coñecementos específicos e habilidades que ha de ter o estudante para levalo a cabo e indicar a formación que adquirirá durante a realización do traballo 2. Orientar ao estudante durante a realización do traballo 3. Elaborar un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante O/a alumno/a terá ademáis un titor académico na Facultade, que será quen revise o informe emitido polo estudante, facendo as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o/a alumno/a revisará o documento e o entregará en administración da Facultade de Ciencias xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación. |
Resumo | Esta Memoria constará das seguintes partes e pola citada orde: 1. INDICE 1.1 Debe de recoller os documentos dos que consta o informe 2. DATOS DO ESTUDANTE 2.1 Breve información sobre o estudante (apelidos, nome, DNI, dirección de contacto, teléfonos e dirección de correo electrónico) 3. DATOS DA EMPRESA 3.1 Breve información sobre a empresa (nome, situación, sector de actividade, organigrama, número de empregados, etc...) 4. RESUMO DAS PRÁCTICAS 4.1 Resumen do traballo desenvolvido polo estudante durante o período das prácticas 5. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS 5.1 Obxectivo das prácticas. Neste apartado débense de recoller os obxectivos que se perseguen co traballo 5.2 Traballo encomendado. Fundamento teórico e experimental das diferentes actividades desenvolvidas durante o periodo de prácticas tendo en conta, no seu caso, o segredo profesional ao que está obrigado 5.3 Distribución temporal. Distribución das tarefas realizadas, especificando a duración das mesmas e as unidades ou Departamentos nas que se realizaron 5.4 Formación recibida. Cursos, programas informáticos, seminarios, charlas, etc... 5.5 Nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal 6. CONCLUSIÓNS 6.1 Adecuación ás ensinanzas recibidas na Facultade para o desempeño da práctica 6.2 Valoración persoal da aprendizaxe conseguida ao longo de toda a práctica 6.3 Declaración de responsabilidade do alumno (achégase modelo Anexo I) |