Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase unha exposición dos contidos teóricos e prácticos da materia co obxecto de orientar ao alumnado na súa preparación, proporcionando na devandita exposición material e/ou bibliografía para que o alumnado poida profundar na temática dos diferentes contidos tratados.
Solución de problemas Con esta técnica preténdese resolver unha situación problemática concreta. Partindo dos coñecementos que se traballaron nas sesións teóricas, exporanse e discutirán solucións para distintos exemplos prácticos.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todo o alumnado do seminario.
Proba mixta Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia, con preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test, preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.