Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesorado explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas relacións. A exposición oral do profesorado poderá ser complementada co uso de medios audiovisuais e coa formulación de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e facilitar a participación.
Proba de resposta múltiple Podera constar de resolución de problemas, preguntas breves, preguntas de ensaio ou de preguntas de opción múltiple.
Forma parte da avaliación continua.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial. O equipo docente informará da modalidade no momento oportuno.
Proba obxectiva Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse con un só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluir tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial.