Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
A profesora orientará aos e ás estudantes, ofrecéndolles a axuda necesaria para a realización dos traballos e das presentacións orais, especialmente en cuestións como a escolla do tema, a metodoloxía ou a selección das fontes de información.
A orientación realizarase de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas inidicacións escritas.

As persoas que obtiveren dispensa académica deberán poñerse en contacto coa profesora, e terán condicións especiais de avaliación: traballo tutelado (70%), presentación oral (30%).
As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso por se for preciso establecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica.