Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A14 A9 A12 B13 B4 B14 B3 B11 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C8 C9 Avaliación do ensaio breve que cada alumno/a realizará, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora. 60
Seminario A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 Traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas e/ou materiais que serán marcados e facilitados pola profesora. O alumnado deberá participar activamente nestas sesións. 10
Presentación oral B2 B10 B3 Avaliación da presentación oral do traballo tutelado ou dos retos e dificultades que presenta o seu proceso. 20
Obradoiro A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. 

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. 

Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas de outros/as autores/as sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co estabelecido na normativa académica. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio.

As persoas que obtiveren dispensa académica deberán poñerse en contacto coa profesora, e terán condicións especiais de avaliación: traballo tutelado (70%), presentación oral (30%). As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso por se for preciso establecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica.

A materia poderá ser adaptada ao
estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI), coa que se deberá contactar nos prazos estabelecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal)

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar o traballo tutelado.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, o traballo tutelado (70%) e realizar unha breve exposición oral do mesmo (30%). Este sistema de avaliación será o aplicado tamén na convocatoria adiantada de decembro.