Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 A4 B5 B8 B10 C4 A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas presenciais ou asíncronas representará o 35% da cualificación final. 35
Traballos tutelados A3 A14 A12 B10 C1 C8 C9 O traballo invidivual representará o 35% da cualificación final. Terase en conta a ponderación co profesor e os compañeiros de tema e fontes, que será recíproca, isto é escoitará o que se lle di da súa elección e el/ela mesmo/a ponderará ás dos compañeiros/as; a presentación dentro dos prazos e a calidade do mesmo. 35
Eventos científicos e/ou divulgativos B7 B8 C5 A asistencia aos eventos programados será avaliada até ao 10% da cualificación final. 10
Presentación oral B6 B10 C1 Serán avaliadas tanto a presentación oral do traballo tutelado (10%) como a participación retroalimentadora nos outros traballos (10%). 20
 
Observacións avaliación

Exercicios obrigatorios
Non será posíbel a superación da materia sen a participación activa nas discusións dirixidas nin a presentación, dentro dos prazos, do traballo tutuledo. Para poder aprobar deberase atinxir unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 en ambos exercicios.
O alumnado que non realizar estas actividades recibirá a cualificación de NON PRESENTADA/O.
A expresión lingüística deficiente (oral ou escrita) poderá ser penalizada até ao 50% do total atribuído a cada exercicio.

Ensino semipresencial e alumnado con dispensa académica
O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá acompañar o curso através das ferramentas de comunicación asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se estabelecerán a tal efecto e que o docente comunicará ao alumnado afectado ao inicio do curso, para alén de estar publicados no campus virtual. Aplicaranse os memos criterios de avaliación e as metodoloxías pasarán a ser asíncronas.

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada
Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada de decembro o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunhas das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación. A retroalimentación nos outros traballos realizarase asincronamente por escrito, no campus virtual.

Integridade académica
Salvagardando en todo o momento os dereitos de autoría e protexendo os datos dos mesmos, os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Apoio á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI), coa que se deberá contactar nos prazos estabelecidos por esta unidade. Poderase contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).