Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A13 A1 A2 A14 A8 A9 A12 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C7 C5 C8 C9 Proba oral final, concebida como a exposición dun traballo de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. 50
Seminario A13 A1 A2 A14 A8 A9 A12 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C7 C5 C8 C9 Participación, intercambio e debate na aula que, xunto á asistencia, permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.
15
Eventos científicos e/ou divulgativos A13 A1 A2 A8 A9 A12 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C7 C5 C8 C9 Traballo titorizado consistente na asistencia a actividades locais de carácter artístico e cultural, acordadas previamente co profesorado, ou a exposicións virtuais ou actividades artísticas na web, sempre ligadas á materia. Dará lugar a un informe escrito por parte do estudantado. 35
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas (traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 

2. Non será admitida a entrega de traballos fóra de prazo. 

3. En caso de detectarse plaxio ou deshonestidade académica por parte do estudantado, este será cualificado cun suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como se for na segunda. Para cumprir coa normativa vixente da UDC, poderase modificar a acta da súa cualificación na primeira oportunidade de ser necesario.

4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non realice a proba oral, aínda que teña feitas as restantes actividades. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das metodoloxías de avaliación para poder superar a materia.

5. O alumnado que teña que avaliarse da materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo e tarefas por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizarse con tempo suficiente.

6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 

7. Con acordo ao recollido nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorporará a perspectiva de xénero nos seus contidos e organización. Neste sentido, traballarase para identificar e correxir prexuizos e actitudes sexistas, en pro dos valores de respeto e igualdade.

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o restante alumnado. O profesorado porá ao dispor deste estudantado tanto as instrucións para a realización como os procedimentos e datas de entrega a través da plataforma Moodle. 

As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado.

Oportunidade extraordinaria de decembro

O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100% da calificación.