Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A5 A14 B7 B8 C2 C3 Valorarase o grado de participación dos estudiantes na discusión e debate durante as sesións destinados ao efecto. Especial importancia terá a capacidade de síntese, o grado de competencia na argumentación oral e a habilidade para resolver problemas ou conflitos. 20
Sesión maxistral A1 A2 A8 A9 Valorarase a asistencia e a participación activa dos estudantes nas sesións presenciais. 10
Traballos tutelados A12 B4 B10 C8 C9 No traballo individual elaborado por cada estudante serán tidos en conta os aspectos seguintes: a) a correción na expresión escrita e na configuración editorial do documento; b) a claridade e a exposición ordenada dos argumentos; c) o rigor e a profundidade da argumentación; d) a adecuación aos contidos da materia. 50
Lecturas A1 A2 A8 B6 C4 C7 C5 Os estudiantes darán conta das lecturas obrigatorias a través da elaboración de fichas específicas ou, no seu caso, facendo uso evidente da información, valorado polo profesor, na elaboración do traballo tutelado. 20
 
Observacións avaliación

Os estudantes que se matriculen na modalidade de dispensa académica concertarán ao inicio do cuatrimestre -e sempre antes do inicio do período de clases- unha titoría presencial co profesor para establecer un calendario de actividades e de titorías que permitan seguir o cumprimento dos obxectivos da aprendizaxe. A avaliación realizaráse en función únicamente das metodoloxías 2: Traballos tutelados (65%) e 3: Lecturas (35%). Neste caso as lecturas terán carácter específico, á marxe dos traballos tutelados.


Os criterios para a avaliación en segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados á primeira en canto ao traballo tutelado, é decir, o 50 % da nota final. As cualificacións obtidas nas restantes metodoloxías serán compensadas na segunda oportunidade cun traballo específico sobre lecturas asignadas explícitamente polo profesor para tal fin, é decir, para compensar o 50 % restante da calificación.

No caso de detectarse plaxio ou deshonestidade académica por parte dun estudante, este será cualificado cun suspenso (nota numérica de 0,0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para cumprir coa normativa vixente da UDC, poderase modificar a acta da súa cualificación na primeira oportunidade cando isto fose necesario.

Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado con dispensa académica.

Será considerado NON PRESENTADO o alumno que non presente o traballo tutelado, que deberá ser entregado presencialmente durante unha tutoría na data establecida polo profesor. O tema do traballo deberá ser acordado previamente tamén co profesor nunha titoría específica para tal fin.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade conforme ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).