Metodoloxías Descrición
Seminario Sesións expositivas e dinámicas do profesor e traballo participativo do alumnado na análise e comentario dos textos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a conferencias ou actividades culturais programadas como complemento da materia.
Traballos tutelados O alumnado preparará un traballo de investigación sobre algún aspecto relacionado coa materia dunha extensión aproximada de 10 páxinas. Valorarase a capacidade de análise, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica..., etc. Tamén serán tidas en conta as cuestións formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).
Proba oral O traballo deberá ser defendido oralmente na aula e sometido a un breve debate co profesorado e o alumnado.