Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A1 A6 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 O traballo deberá ser defendido oralmente nas aulas e sometido a un breve debate co profesorado e estudantado.


40
Seminario A1 A6 A7 A8 B6 B7 B10 B3 C2 C5 A asistencia regular ás aulas valorarase positivamente. 10
Traballos tutelados A1 A2 A6 C4 C7 C5 O alumnado preparará un traballo de investigación sobre algún aspecto relacionado coa materia dunha extensión aproximada de 10 páxinas. Valorarase a capacidade de análise, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica..., etc. Tamén serán tidas en conta as cuestións formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...). 50
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas (traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 

2. Non será admitida a entrega de traballos fóra de prazo. 

3. En caso de detectarse plaxio ou deshonestidade académica por parte do estudantado, este será cualificado cun suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como se for na segunda. Para cumprir coa normativa vixente da UDC, poderase modificar a acta da súa cualificación na primeira oportunidade de ser necesario.


4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non realice o traballo tutelado, aínda que teña feitas as restantes actividades. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das metodoloxías de avaliación para poder superar a materia.

5. O alumnado que teña que avaliarse da materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo e tarefas por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizarse con tempo suficiente.

6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 

7. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

8. Con acordo ao recollido nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorporará a perspectiva de xénero nos seus contidos e organización. Neste sentido, traballarase para identificar e correxir prexuizos e actitudes sexistas, en pro dos valores de respeto e igualdade.

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o restante alumnado. O profesorado porá ao dispor deste estudantado tanto as instrucións para a realización como os procedimentos e datas de entrega a través da plataforma Moodle. 

As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado.

Oportunidade extraordinaria de decembro

O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100% da calificación.