Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 Se valorará a capacidade de investigación literaria do alumno en función do anáilis crítico do tema obxecto de estudo, o razoamento ordenado da exposición, as referencias pertinentes á bibliografía e o uso correcto do idioma castelá. Data de entrega: último día de clase. 60
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 Asistencia a actividades locais de carácter artístico e cultural. Dará lugar a un informe oral por parte do estudante que será debatido na aula, sempre en relación cos contidos da asignatura. 20
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A14 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 Se valorará a comprensión e capacidade crítica do alumno mediante Presentacións breves individuais, consensuadas có profesor, sobor temas pertinentes ás lecturas de: a) as obras literarias obligatorias; e b) as lecturas bibliográficas indicadas polo profesor. 20
 
Observacións avaliación

1. Observacións xerais

1.1. Tanto as actividades como as probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística —ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…—; no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas.

1.2. As presentacións orais realizaranse ao longo do curso, en grupo sempre que sexa posible e a partir da terceira/ cuarta sesión.

1.3. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de actividades se estas fosen realizadas fóra de prazo sen causa xustificada.

1.4. Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade poderán recuperala total ou parcialmente na segunda oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas no epígrafe seguinte (2.1, 2.2 e 2.3).

1.5. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados a Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades polo/a estudante). No caso de detectarse plaxio ou deshonestidade académica por parte dun estudante, este será cualificado cun suspenso (nota numérica de 0,0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para cumprir coa normativa vixente da UDC, poderase modificar a acta da súa cualificación na primeira oportunidade cando isto fose necesario.

2. Cualificación final na segunda oportunidade (xullo)

2.1. Os estudantes que suspendan a presentación oral deberán facer outra proba do mesmo tipo. Esta proba suporá igualmente o 20% da cualificación final e será preciso obter 5 puntos sobre 10 para aprobar. Entregarase antes da data do exame un ensaio de 2.000 palabras (equivalente a unha presentación de 15 minutos) sobre un dos temas obxecto de presentación durante o curso.

2.2. Os estudantes que suspendan as actividades programadas (que se corresponden co apartado «Taller») deberán realizar outras actividades substitutivas que se lles encomenden e que constituirán o 20% da cualificación final. Entregarase antes da data do exame un ensaio de 1.500 palabras onde se discuta a relación (sexa temática, xenérica ou de calquera outro tipo) entre unha obra literaria e unha artística.

2.3. Os estudantes que suspendan o traballo tutelado, deberán entregar antes da data de exame un ensaio de 3.500 palabras (máximo) sobre os vínculos entre unha obra literaria e unha artística.

3. Cualificación de non presentado

3.1. Se o alumno non presentase o seu ensaio final, nin fixese a súa presentación, recibirá unha cualificación de Non presentado.

4. Alumnado a tempo parcial con dispensa académica

4.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá porse en contacto co profesor ao comezo do curso para planificar, en cada situación concreta, axústelos necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais, que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes.

4.2. No caso de que algún estudante teña calquera dificultade para cumprir no calendario previsto coas actividades avaliables esixidas —e non se lle concedeu dispénsa académica—, deberá dirixirse ó docente, coa maior prontitude posible, para fixar en conxunto datas alternativas.

* Nota Bene: Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica. O alumnado deberá contactar co profesor antes do mes de novembro.

Atención á diversidade

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade conforme ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).