Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A6 A7 A10 A9 B4 B9 B11 C1 C2 C4 C7 C8 Valorarase a participación e o desenvolvemento satisfactorio das actividades propostas na aula e do mesmo xeito as tarefas encargadas para fora da mesma. 40
Investigación (Proxecto de investigación) B6 B7 B8 B10 C3 C8 C9 Valorarase a orixinalidade e a efectividade da proposta de traballo de investigación. Tamén a seu modo de plantexamento e a realización final. Será importante a redacción e/ou exposición claras e cunha linguaxe axeitada a un ejercicio avanzado. 60
 
Observacións avaliación

No obradoiro valoraráse a eficacia e  na resolución de problemas propostos e a orixinalidade para plantexar outros novos para resolver en grupo.; teráse en conta a vontade de ambición nas respostas e nas propostas.

Valoraráse tamén a  correcta exposición oral e escrita dos traballos que se propoñan.
Na sesión maxistral esíxese unha resposta activa, participando nos coloquios e debates que se propoñan  nas mesmas.

Teráse en conta a situación particular dos alumnos con dispensa académica nas dúas convocatorias, dando un tratamento particularizado a cada caso no momento en que sexa presentado, para o que é preciso que o  alumno se presente o seu caso ante o profesor antes do inicio da docencia. A avaliación incluirá o desempeño no obradoiro (40%) no que se deberán demostrar as competencias básicas da materia mediante una selección de comentarios de texto, e un traballo de investigación (60%).

A avaliación da segunda convocatoria  terá os mesmos  contidos e deseño que na primeira oportunidade,  incluirá varios comentarios e un traballo de investigación.
Do mesmo xeito se procederá na convocatoria de decembro.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en exercicios ou traballos, ou outras variabeis destas características) será sancionada coa anulación total da actividade de que se trate e a penalización correspondente en virtude da normativa vixente.

Calquera falta de honradez académica, plaxio, utilización de ideas de outros sen indicar procedencia e outras variables similares será penalizada con la sanción correspondiente en virtude da normativa vixente.


Se un alumno/a non presenta o traballo de avaliación ou non se presenta o examen na convocatoria extraordinaria recibirá a calificación de non presentado. 

Tense en conta a diversidade na planificación das estratexias docentes para a avaliación.
Tense en conta a dimensión de xénero na abordaxe dos contidos da materia.
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporarase a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas).

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións
da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que
se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar
tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).