Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A8 A9 B2 Constará dunha proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante as clases maxistrais e as prácticas.

Para aprobar a materia globalmente hai que obter na proba mixta unha NOTA MÍNIMA de 1,5 (sobre 4). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,9 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA).
40
Sesión maxistral A1 A2 A3 A8 A9 Realizarase un seguemento continuado e obxectivable da participación activa durante as clases maxistrais, mediante entregas de exercicios realizados durante estas clases. Esta parte da avaliación non poderá ser recuperada na segunda oportunidade. 10
Prácticas a través de TIC A2 A3 B1 B2 B8 C7 C6 Realizarase unha avaliación do traballo realizado polo alumnado durante as clases de prácticas. Este traballo deberá ser entregado e defendido antes das datas propostas polo profesorado da materia. En caso de que non realizarse en tempo, poderá ter unha penalización na nota. 50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE o alumnado que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Prácticas (50%): o alumnado poderá repetir as prácticas propostas durante o curso nas mesmas condicións que na primeira oportunidade (as prácticas entregadas de forma tardía obterán un máximo de 80%). Así, en caso de repetir todas as prácticas, a nota máxima que pode obterse é de 4 puntos.
  • Proba mixta (40%): realización nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Non poderá recuperarse a nota obtida do seguemento continuado e obxectivable da participación activa durante as clases maxistrais.
  • En caso de non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservarase a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia é obrigatorio obter unha nota mínima de 1,5 sobre 4 na proba mixta.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade adiantada será 50% entrega das prácticas, 50% proba escrita.

DISPENSA ACADÉMICA:

O alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar co profesorado durante as dúas primeiras semanas de clase para establecer as condicións de entrega e defensa das prácticas e dos traballos tutelados.

FRAUDE ACADÉMICA:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o alumnado será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.