Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O estudante asistirá ás sesións maxistrais impartidas polo profesor sobre como minimizar a posibilidade de que as distintas vulnerabilidades (arranque, usuarios, conexións de rede...) podan ser aproveitadas para comprometer o S.O.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio sobre a fortificación de sistemas operativos reais. Consideraranse tanto sistemas Windows coma Linux
Proba práctica Resolución de problemas similares aos realizados en prácticas nunha máquina física (real ou virtualizada) coa única axuda da documentación dispoñible na propia máquina.
Proba obxectiva Test sobre os contidos fundamentais da materia