Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Docencia expositiva. Presentacións dos coñecementos teóricos dos temas da materia promovendo a interacción cos estudantes. NOTA: será posible utilizar algunha destas sesións para realizar algún obradoiro de empresa ou persoa colaboradora de recoñecida competencia.
Traballos tutelados Traballo a desenvolver polo alumno sobre algunha das temáticas da materia a proposta do propio estudante ou do profesor. Este traballo terá seguimento por parte do profesorado e o estudante fará unha breve defensa presencial do mesmo
Proba obxectiva Proba escrita para valorar os coñecementos adquiridos. Aínda que se centrará no material da docencia expositiva, poderá incorporar algunhas cuestións relacionadas coas sesións prácticas.
Prácticas de laboratorio Sesións prácticas en computador asociadas a escenarios de virtualización, monitorización e fortificación/seguridade. O obxetivo é poñer en práctica os coñecementos das sesións maxistrais fomentando a aprendizaxe autónoma.