Materias que se recomenda ter cursado previamente
Programación I/614G01001
Informática Básica/614G01002
Programación II/614G01006
Paradigmas de Programación/614G01014
Deseño Software/614G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bases de Datos/614G01013

Materias que continúan o temario
Xestión de Proxectos/614G01021
Aseguramento da Calidade/614G01028
Analise e Desenvolvemento dos Sistemas de Información/614G01041
Metodologías de Desarrollo/614G01051
Enxeñaría de Requisitos/614G01222

Observacións

A materia pretende dar unha visión xeral do Proceso Software, de maneira que o alumno comprenda a importancia da aplicación rigurosa de dito proceso tanto para a satisfación das necesidades do usuario/cliente como do posterior mantemento do producto obtido. Por este motivo, durante o curso introduciranse numerosos conceptos que requerirán un posterior afrondamento en función da especialidade elixida polo alumno.


Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría, práctica e TGR que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial.

Finalmente, e dada a importancia que a perspectiva de xénero debe de ter na Ensinanza Superior de acordo coa lexislación vixente, levarán a cabo as seguintes accións:

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.