Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor, coa axuda dos medios audiovisuais pertinentes, expoñerá os contidos teórico-prácticos da materia. O material empregado estará ao dispor dos estudantes.
Prácticas a través de TIC Trátase de poñer en práctica a metodoloxía estatística aprendida nas sesións maxistrais. Farase uso do software R (gratuíto).

Faránselle chegar ao estudante distintos conxuntos de datos reais para ser analizados ao longo das sesións de prácticas. Á súa vez, recomendaráselle que obteña outros datos pola súa conta para que reforce a súa destreza na análise de datos con dependencia, esta vez nas horas dedicadas ao traballo autónomo.
Seminario O seu obxectivo é apontoar, a través da realización de exercicios teórico-prácticos, a comprensión dos contidos expostos nas sesións maxistrais. Nalgunhas ocasións, poderían dedicarse a completar as prácticas a través de TIC.

Faránselle chegar ao estudante distintos exercicios para que trate de resolvelos (algúns deles ao longo do propio seminario e outros nas horas dedicadas ao traballo autónomo).
Proba mixta Proba tipo test a través da cal se avaliará o grao de aprendizaxe alcanzada polo estudante.