Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A2 B2 B3 B4 B9 B10 C1 C4 Avaliaranse traballos prácticos que se propondrán ao longo do curso. 30
Traballos tutelados A2 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 C4 Propondrase a realización dun traballo tutelado teórico-práctico que o estudante terá que defender ao final do curso. 20
Solución de problemas A2 B2 B4 B9 B10 Ao longo do curso realizaranse probas que consistirán na resolución de problemas como os estudados nas clases. 20
Proba obxectiva A2 B2 B3 B4 B7 B8 C1 Realizarase unha proba obxectiva nas datas fixadas na Xunta de Facultade. 30
Aprendizaxe colaborativa A2 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C1 Propondrase a realización dun traballo tutelado teórico-práctico que o estudantado terá que defender ao longo do curso. Este traballo é opcional e unha alternativa ao traballo tutelado. Contará polo tanto hasta un 20% da cualificación final. 0
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, é necesario acadar una cualificación mínima do 50%.

A avaliación da materia na segunda oportunidade de avaliación é como na primeria oportunidade.

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que non foro avaliados da parte de prácticas a través de TIC, poderán realizar unha proba específica para recuperar o 50% da nota desta parte; a proba obxetiva representará o 50% da cualificación final.

Por último, seguendo o Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica "0") na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeria oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primerira oportunidade se fose necesario.