Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Resumo A1 B3 B13 O resumo unitario dos dous films etnográficos terá unha extensión máxima de 10 páxinas, e computará un valor do 30% no conxunto da cualificación global. Valorarase particularmente o esforzo e destreza na síntese e comentarios críticos sobre os films, a traballar por cada alumno -nos aspectos socioculturais que presenten-, así como a selección e tratamento dos conceptos crave do argumento fílmico. 30
Proba obxectiva A12 B3 B20 B27 A proba obxectiva considérase como un exame único ao final de curso, no que o alumno responderá a vinte preguntas de resposta breve sobre o contido da materia do curso. En conxunto, a cualificación da Proba obxectiva supón un valor do 60% da nota global. É requisito inescusable superar esta Proba obxectiva para considerar os outros elementos de avaliación. 60
Discusión dirixida A35 A36 B9 A discusión dirixida avaliarase sobre a comprensión, habilidade expositiva e criterio argumental crítico de cada alumno na súa presentación do seu respectivo resumen-esquema da lectura que lle será asignada; lecturas que se irán entregando ao longo do curso. Achega un 10% da consideración evaluativa. 10
 
Observacións avaliación

Para a evaluación da 2ª oportunidade, realizarase unha media ponderada dos resultados da proba obxectiva (60% da calificación final)con as resultantes das outras duas metodoloxías (30% y 10%, respectivamente).

O alumno deberá realizar a proba obxetiva na data da convocatoria de 2ª oportunidade (ben presencialmente, ben online, dependendo das circunstancias na data), si non tera superado ou asistido a tal proba na 1ª convocatoria.
Si o resumo fílmico ou a discusión dirixida foran a causa de non superar a materia na 1ª oportunidade, deberá presentar o resumo fílmico e/ou o escrito-resumen da discusión dirixida en esta 2ª oportunidade.   
No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguiránse os mesmos criterios de evaluación para a 1ª y 2ª oportunidade que para o restante alunnado, inda que, no caso da "discusión dirixida" sustituirase, para os primeiros, a presentación oral en clase pola entrega do esquema-resumo de algunha das lecturas indicadas.
-Implicacións do plaxio: Cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: quen incorrese será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.