Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A explicación dos contidos teóricos de cada un dos temas desenvolverase na aula a partir das lecturas previas que tiveron que realizar os alumnos. Esas lecturas forman a bibliografía básica da materia e están dispoñibles na biblioteca da Facultade. A proba obxectiva basearase no coñecemento desas lecturas básicas.
Prácticas a través de TIC Ao longo do desenvolvemento das sesións maxistrais realizaranse unha serie de probas prácticas en clase sobre cada unha das técnicas analíticas ensinadas. A realización de cada práctica implicará o dominio dalgunha aplicación informática de análise de datos.
Proba mixta Ao longo do cuadrimestre farase unha proba mixta teórica para que os alumnos mostren o seu grao de comprensión dos conceptos estudados.
Traballos tutelados O traballo tutelado consiste en que o profesor asigne un tema de investigación empírica a cada un dos grupos definidos e, a partir de datos secundarios dispoñibles, eses grupos apliquen as técnicas de análise obxecto da materia. O traballo tutelado realizarase, se é posible, en grupos de non máis de tres alumnos.