Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A3 A9 A10 A11 B5 B25 Baseado na avaliación permanente realizada polo profesor a partir da participación activa por parte dos alumnos na aula, e na reflexion colectiva en torno as lecturas obrigatorias 30
Lecturas A3 A9 A10 A11 B3 B5 B12 B25 Baseado na avaliación realizada polo profesor a partir da exposicion en grupo por parte de 3 alumnos dalgunha das lecturas obrigatorias. 15
Proba obxectiva A3 A9 A10 A11 A17 A24 B3 B5 B25 A avaliación basearase nun exame por escrito a final de curso, en torno á materia impartida nas aulas e aos textos de lectura obrigatoria. O exame basearase en preguntas teóricas e de comentario de texto. 40
Traballos tutelados A17 A24 B3 B5 Todos os alumnos deberan, de maneira obrigatoria, asistir a unha representacion ritual de caracter relixioso, e entregar dun xeito individual un informe de 5-6 paxinas sobre o devandito ritual. Estes informes seran debatidos dun xeito conxunto nunha aula que tera lugar en torno a segunda quincena de novembro 15
 
Observacións avaliación

1.- As cualificacións finais serán o
resultado da suma de 2 bloques de notas:

a.- A proba obxectiva, que
estará baseada nun exame por escrito ao final do curso, e que aportará o 40% da
nota. Non presentarse ao exame final conlevará a cualificación de "Non
Presentado" na matéria.

b.- A participación activa
en clase (discusión dirixida, estudo de casos, reflexion sobre as lecturas), a
exposicion (voluntaria) das lecturas con cargo a grupos e o traballo
obrigatorio sobre un ritual, que aportarán conxuntamente o 60% da nota

Atención:
O prazo para apuntarse para facer a exposición na aula duhnha lectura rematará
o 5 de outubro. Se un membro do grupo non asiste a presentación oral, non
poderá recibir cualificación por este concepto.

Caso
de que o estudante non se presentase a exame ou non superase a convocatoria de
xaneiro, as cualificacións correspondentes a este segundo concepto
(participación activa en clase, exposicion voluntaria e traballo obrigatorio)
gardaranse para a convocatoria de xullo.

2.- UNICAMENTE
para aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación final
dependerá exclusivamente da proba obxectiva baseada nun exame por escrito ao
final do curso, que aportará o 100% da nota.

Caso
de que o estudante con dispensa académica de exención de asistencia non se presentase a exame ou non superase a convocatoria de
xaneiro, manteranse os mesmos criterios de avaliación para a convocatoria de xullo.

3.-A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda
do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que
se tivese cometido.