Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada para as actividades que se desenvolverán en torno a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado. Implican unha participación obrigatoria do alumnado. A forma e o momento no que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.


Alumnado con dedicación a tempo parcial segundo establece a “NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012). Este alumnado terá que realizar as mesmas actividades que o resto de estudantes. Poderán solicitar modificacións en datas e prazos de entrega previo acordo co profesor.