Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A55 A58 B31 B32 B33 B34 B35 B36 O alumnado terá que entregar unha serie de exercicios sobre o uso dun catálogo de cartas náuticas, un plotter de cartas ENC, unha aplicación SIX e unha folla de cálculo. 40
Traballos tutelados A10 A32 B2 B6 B8 B10 B11 B14 B15 B16 C3 C6 C10 C13 O alumnado terá que defender o traballo práctico proposto diante do profesorado. A non defensa do traballo considerarase como non realizado. 50
Proba de resposta múltiple B32 B36 Ó final dalgunhas sesións maxistrais o alumnado terá que responder a unha serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión 10
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Avaliarase mediante Avaliación Continua tal e como se especifica a continuación:
  • Cuestionarios tipo test (10%)
  • Prácticas a través de TIC (40%)
  • Traballos tutelados (50%)

Para superar a materia será preciso obter:

  • Nota mínima final de 50 puntos 
  • Nota mínima no traballo tutelados de 25 puntos 
Poderanse recuperar as partes suspensas correspondentes a:
  • Cuestionarios tipo test (10%)
  • Prácticas a través de TIC (40%)

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Avaliarase cunha proba mixta, na que se poderá recuperar o 100% da nota, e que consistirá en:
  1. Proba mixta sobre as competencias teóricas tratadas nas clases maxistrais (10%).
  2. Exercicio práctico sobre as competencias traballadas ao longo do curso nas prácticas e traballos tutelados (90%).

OBSERVACIONS:

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

  • Na primeira oportunidade aplicaránselles os mesmos criterios que ao resto do alumnado, podendo facer os traballos desde a súa casa usando as ferramentas de teleformación que lle proporciona a UDC. A proba de resposta múltiple realizarase nunha data acordada co alumnado afectado.
  • Na segunda oportunidade avaliaráselles cunha proba mixta e un exercicio práctico seguindo os mesmos criterios que se especifican para todo o alumnado.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.