Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de cada un dos temas con apoio de Tics, cando se considere necesario. Como complemento ás clases teóricas expoñense diferentes problemas de cálculos de carga e estiba en distintos modelos de buques.
Proba obxectiva A proba obxectiva teórica consistirá nunha serie de preguntas, entre 10 e 20, de desenvolvemento conceptual sobre as materias impartidas en clase e sobre as que se achegará ao alumnado material suficiente para a súa superación. Tamén se incluirá na proba a resolución dun a tres problemas (exercicios prácticos) de estiba do mesmo tipo que os resoltos na clase.
Prácticas de laboratorio Resolución de diferentes cálculos de estiba con distintos tipos de mercadorías e buques. O alumnado deberá resolver os problemas propostos polo profesor coa finalidade de aplicar os coñecementos teóricos de forma práctica e/ou mediante software.