Metodoloxías Descrición
Estudo de casos 1- Interpretación de mapas meteorolóxicos sinópticos de superficie: identificación de sistemas, frontes e masas de aire. Estima do vento. Localización das zonas de tormenta.
2- Interpretación de mapas de altura. Topografías relativas. Pronóstico do tempo.
3- Interpretación básica de sondaxes meteorolóxicas.
4- Interpretación de derrotas de ciclóns tropicais: posicionamento, estimación e evolución do vento, semicírculo manexable e perigoso, regras xerais de manobra
Prácticas a través de TIC 1- Información meteorolóxica na páxina web AEMET, MetOffice e MeteoFrance
2- Información meteorolóxica-oceanográfica na páxina web de Puertos del Estado
3- Información nas cartas do tempo
4- Correntes mariñas (plataforma MetEd)
5- Mareas (plataforma MetEd)
6- Cartografíado meteorolóxico (MetEd)
Presentación oral Presentación de traballos individuais o en grupo sobre contidos ampliados do curso. Somentes si o transcurso do curso o permite.
Solución de problemas - Problemas da fórmula hipsométrica. Reducción da presión o nivel do mar
- Problemas de vento aparente a bordo
- Uso de ábacos de vento e ondada
- parámetros da ondada
Saídas de campo - Visita a sede da AEMET na Coruña
Proba obxectiva -Avaliación do coñecemento e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades do alumno, as súas estratexias e enfoques na resolución de problemas. Valorarase expresamente o grao de evolución do alumno e a súa capacidade para analizar, xulgar e resolver problemas específicos, requirindo unha formación teórico-práctica equilibrada.
A proba obxectiva global reportará o 70% da avaliación total da materia, pero será necesario aprobar cun 5 para superar a materia.
Seminario - Exposición de temas elaborados conxuntamente por o profesor e o alumno/a sobre temas de especial actualidade ou interés: cicloxénesis explosiva, o problema do calentamiento global e a navegabilidade do Océano Ártico, o fenómeno oceanográfico El Niño, etc.
Lecturas - Recoméndase a ampliación de contido lendo temas específicos. Por exemplo, artigos de investigación sobre a clasificación, propiedades e estatísticas das tormentas en Galicia.
Sesión maxistral - Clases expositivas clásicas orientadas a adquisición de coñecementos e as suas aplicacions.