Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A55 A58 A59 B32 B54 B56 B57 B66 B72 B77 B78 C16 C20 C24 C27 C30 C33 C34 Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación. 10
Proba obxectiva A58 A59 B54 B56 B66 B72 B77 B78 C16 C20 C24 C27 C30 C33 C34 Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación. 70
Traballos tutelados A54 A55 A57 B32 B33 B34 B45 B57 Para avaliar os traballos teránse en conta na súa elaboración os seguintes aspectos:

- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.

- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre
eles.
10
Presentación oral A54 B32 B33 C15 Para avaliar a exposición/presentación teránse en conta os seguintes aspectos:

- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de
partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
10
 
Observacións avaliación

- Convenio STCW 2010:Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación.

- Para superar a materia seguindo a avaliación continua é necesario superar cada metodoloxía. Na sesión maxistral, asemade da asistencia ás aulas (nesta metodoloxía un mínimo do 80%) valorárase a participación do alumno.

O alumnado que non siga a avaliación continua sempre terá a opción de presentarse a proba obxectiva. Conseguintemente, nesta circunstancia, dita metodoloxía terá un valor na avaliación do 100%.   

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3; 6.b e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das aulas presenciais, sempre e cando o mestre sexa debidamente informado ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, o profesor poderá encargarlle a este alumnado diferentes traballos (individuais e/ou en grupo) ao longo do curso para ser expostos no horario de titorías co gallo de puntuar na avaliación continua a parte proporcional do valor da sesión maxistral.

- Sobre as sancións aplicabéis pola comisión de faltas
moi graves
, art. 11 do Regulamento disciplinar do estudantado da universidade
da Coruña, aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023, en xuño de 2023
modificouse o punto b), quedando:

b) Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.