Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B37 B106 A materia divídese en dous bloques temáticos claramente diferenciados: sistemas de navegación e sistemas de comunicacións, que se avaliarán de forma independente.
En cada unha das partes realizarase polo menos un exame parcial para aqueles alumnos cunha asistencia mínima dun 80%. A superación dos examenes parciais permitirá librar materia para o exame final, o cal tamén se dividirá en dous bloques.
Con esta metodoloxíase evaluaranse as competencias A49, B4, B14, B22, C3, C10, C11.
60
Traballos tutelados B35 B36 B37 B106 C15 En cada bloque proporanse un ou varios traballos tutelados. O seu seguemento deberá realizarse nas sesións de titorías programadas para elo. Non se aceptarán traballos que non foran realizados con este seguemento continuo.
Con esta metodoloxíase evaluaranse as competencias A49, B14, B22, C3, C10, C11.
40
 
Observacións avaliación

A nota da materia será a media aritmética das notas dos dous bloques (sistemas de navegación e sistemas de comunicacións),
sendo a nota mínima necesaria para compensar unha parte coa outra de
4,5. En caso de obter unha nota inferior a 4,5 nunha das partes, a nota da asignaura será a menor das obtidas en ambas as partes.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle exixirá unha
asistencia mínima para poder presentarse os exames parciais, sen embargo, deberán
acordarse co docente unha serie de titorías (presenciais ou non presenciais) o
longo do curso para acreditar o seguimento da materia. Estas mesmas tutorías servirán para facer o seguemento dos traballos tutelados.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.