Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A38 B1 B2 B4 B5 B6 B10 B11 B18 B19 C11 Casos prácticos cuya resolución pode ter influencia na nota final 40
Proba obxectiva A17 A18 A19 A23 A49 A52 C3 C6 C7 C8 Exame final da materia será de carácter eminentemente teórico, consistente xeralmente de 20 a 40 preguntas de carácter conceptual e dun desenvolvemento curto ou mediante test accesibles desde a plataforma Moodle.
O valor asignado a cada unha das preguntas dentro do cómputo global da cualificación será equivalente salvo que o Profesor faga constar o día do exame a valoración específica de cada unha delas.
Farase un exame para aprobar por curso de toda a materia antes da oportunidade de xuño
A nota necesaria para superar a Materia será en calquera caso de 5.0.
60
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

O alumnado con recoñecemento de  dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando
así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara
a convocatoria extraordinaria