Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral 1. Exposición nas clases presenciais dos contidos teóricos e prácticos da materia co obxeto de orientar ao alumnado na sua preparación.

2. O tempo adicado a cada un dos capítulos nos que está dividida a materia será proporcional ao grao de dificultade na preparación dos mesmos e á súa extensión, de xeito tal que non se adicará o mesmo tempo a cada un dos capítulos, senón que se afondará máis nuns ca noutros. Todo elo, a xuízo do equipo docente que imparte a materia.

3. Para a preparación dos capítulos de menor dificultade de comprensión remítese ao alumnado á bibliografía, se ben nas clases presenciais orientarase ao alumnado acerca de:
a) que fontes concretas se recomenda utilizar
b) que aspectos son os máis relevantes e de maior interese para alcanzar os resultados da aprendizaxe establecidos para a asignatura.

4. Discusión, conxunta para todos os grupos de traballo, do desenvolvemento encomendado a cada un dos grupos. O alumnado pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra; b) a iniciativa do profesorado, que solicitará expresamente a intervención do alumnado.
Solución de problemas 1. Elaboración, exposición e solución de exemplos prácticos.

2. Plantexaránse exercicios e/ou lecturas a realizar polo alumnado en horas non presenciais ou de traballo autónomo. Nas horas presenciais posteriores farase:
a) unha revisión dos exercicios nos que o alumnado pode intervenir nos termos descritos no punto 3
b) sobre as lecturas abrirase a correspondente quenda de preguntas a fin de aclarar aqueles aspectos que o alumnado plantexe sobre o contido das mesmas.

3. O alumnado pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir a quenda de palabra; b) a iniciativa do profesorado, que solicitará expresamente a intervención do alumnado
Proba mixta Durante o período lectivo realizaranse unha ou varias probas mixtas de avaliación continua, que non terán carácter liberatorio.
Proba mixta Rematado o periodo de clases realizarase un exame teórico-práctico sobre todos os contidos da materia, tanto para a primeira coma para a segunda oportunidade.