Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | FISIOTERAPIA XERAL | Código | 651G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Se requerirá a participación do alumnado polo menos en parte da clase para facilitar a aprendizaxe significativa, pudendo organizar dita participación por subgrupos. |
Prácticas de laboratorio | Como actividade presencial, se realizarán no laboratorio en pequenos grupos, coa demostración e explicación previa da profesora. É moi necesaria a práctica posterior por conta do alumnado para adquirir a destreza necesaria. Por isto, requerirase a práctica non presencial, para o que se recomenda a participación no programa de alumnado colaborador para poder así abrir os laboratorios fóra dos horarios da clase. |
Aprendizaxe colaborativa | Por grupos, realizarase unha síntese de documentos facilitados ou ben a resolución de preguntas/casos plantexados. Controlarase a súa realización ao longo do curso. Computará un máximo do 20% da nota, sempre que se teña alcanzado, polo menos, un 5 sobre 10 no exame práctico e no teórico en cada módulo. |
Proba práctica | Computará o 30% da nota final. Platexarase un ou máis casos e o/a alumno/a que se examina deberá realizar unha aplicación fundamentando a súa elección e explicando cada parámetro. Disporá dun tempo máximo establecido polo profesorado, segundo a súa complexidade. Valoraranse os seguintes parámetros: validez do argumento para a selección da técnica (razoamento clínico); adecuación do mobiliario e da posición correcta do paciente; execución da técnica (tomas, posicionamiento da/do terapeuta..)/aplicación correcta e parámetros pertinentes (tempo, amplitude..); rapidez na execución e ausencia de efectos negativos (poñer ao paciente en situación de risco, caída dun utensilio ao chan...). O mal uso dun material baixará a nota e poderá quedar automáticamente suspenso. Poderase realizar exame parcial se a dinámica da clase e o traballo feito polo alumnado o posibilita. |
Proba mixta | Computará o 50% da nota final. Pode estar constituída dunha ou varias preguntas de resposta aberta enfocadas ao razoamento clínico, preguntas de resposta curta ou test. Adicionalmente, segundo a dinámica da clase e a xuicio do persoal docente, poderán desenvolverse nela actividades de avaliación continua que poderán contabilizarse na puntuación final. Poderase facer un exame parcial se a dinámica da clase e o traballo feito polo alumnado o posibilita. A nota final da materia será a MEDIA entre os dous módulos, sempre e cando o estudante supere cada módulo cunha nota mínima de 5/10, que deberá ter no exame práctico e no teórico. |