Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A6 A7 A10 A11 A12 A18 B1 B2 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B18 A avaliación final será unha proba mixta (individual) que combine preguntas de resposta curta, preguntas abertas, e de múltiples opcións. Ademais, terá un caso para analizar, avaliar e/ou intervir. 40
Traballos tutelados A8 B7 B15 B16 C6 C8 Deseño e presentación dunha avaliación e intervención psicoeducativa dun caso con DAE.
Traballo en grupo (mínimo 3 máximo 5).
40
Estudo de casos A1 A3 A4 A5 A6 A7 B3 B5 B7 B11 B12 B13 Asistencia, participación e actitude nas actividades de clase (análise de casos, lecturas, aprendizaxe colaborativo e talleres).
20
 
Observacións avaliación

Observacións:

* Respecto da asistencia:

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

-O alumnado que non poida asistir a clase (modalidade non presencial ou o que estude a tempo parcial (previa autorización da comisión pertinente) é dicir, que teñen dispensa de asistencia total ou parcial, terán que ir á proba mixta (proba oficial) que será a mesma para todo o alumnado e valeralles o 50% da nota. Ademais, terán que realizar os traballos solicitados en clase que será o outro 50% da nota, e que deberán entregarse en tempo e forma co resto do alumnado de clase.

É indispensable que presenten dispénsa de asistencia á profesora.

-Se non cumpren o requisito de dispensa da asistencia terán que ir á proba mixta e realizar os traballos solicitados en clase, dado que estes teñen unha porcentaxe na nota final. A súa nota será sobre o 80% posto que non poderán responder as esixencias do estudo de casos.

-Para o alumnado presencial,  teranse en conta dúas faltas con xustificación médica. Non se terán en conta ningún outro tipo de xustificacións. Ej: carné de conducir, entrevista de traballo, acompañar a algún familiar, etc.

 -A  materia e cada parte da mesma considéranse aprobadas con 5.0.

-Os alumnos que teñen os traballos aprobados e o exame suspenso ou viceversa poden presentar o exame ou os traballos na convocatoria de xullo.

-Para facer media debe estar aprobado o exame (proba mixta). É unha condición indispensable.

Este criterio é válido para todas as convocatorias de exame.

NOTA: 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.