Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A11 B5 C1 A consulta á literatura específica é requerida de modo transversal durante a realización das tarefas acometidas na aula (lectura documental, visionado de tutoriais online ou outros recursos).
Contemplarase a realización de traballos escritos correctamente e fundamentados teóricamente, específicamente naqueles casos cunha asistencia inferior ao 90% das sesións adicadas á realización do proxecto.
10
Traballos tutelados A3 A7 A9 A11 A17 B2 B4 B8 B12 C2 Participación activa durante os obradoiros levados a cabo na aula, a través da entrega (aula virtual) dos productos artísticos creados durante as sesións ou, no seu defecto, no domicilio.
- Os envíos realizaranse a título individual.
- Os productos avaliaranse a través de rúbrica.
- A non asistencia durante as sesións específicas a cada obradoiro non exime da entrega. En casos xustificados, o profesorado dispoñerá das súas horas de titoría para a aclaración e/ou explicación das mesmas.
50
Obradoiro A3 A17 B6 B13 C3 C4 C6 C10 C11 C13 Participación activa durante o desenvolvemento en equipo dun proxecto audiovisual acometido na aula.
- O grao de implicación e a aportación creativa persoal avaliaranse a través de rúbrica.
- O grao de desenvolvemento do producto final acadado polo grupo avaliarase a través de rúbrica.
- Para o alumnado cunha asistencia inferior ao 80% das sesións adicadas á realización do proxecto, contemplarase a seguinte alternativa: xustificación curricular e desenvolvemento metodolóxico dunha actividade transversal para educación infantil ou primaria, na que se faga recurso activo das TIC musicais (traballo escrito entre 8-10 páxinas a unha cara, sen contar a portada, índice e anexos), a enviar a título individual (aula virtual).
40
 
Observacións avaliación
Para aprobar a materia é necesario aprobar cada un dos apartados anteriores. En caso contrario non se fará media. 
Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de riscadas etc. Todo iso supoñerá redución de puntos sobre a nota obtida. 
 No caso que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) nas probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet sen indicación expresa da súa procedencia e, de ser o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta materia se o profesorado detecta plaxio nalgunha das probas supoñerá un 0 na cualificación. En caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas. 
Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente de maneira telemática, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para iso, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. 
Tal e como se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnas e alumnos...) 
 -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 
 -Deberanse de detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.

Evitarase a discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas. Usarase unha linguaxe non sexista