Metodoloxías
Portafolios do alumno
Simulación
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Se precisará un seguimento persoal do traballo desenvolvido no marco do portafolios xa que será unha peza clave na avaliación final. Ao longo das sesións interactivas a profesora pasará polos diferentes grupos para ir guiando o traballo de cara a unha entrega final satisfactoria.

Como mecanismos de atención personalizada ao alumnado, empregarase preferentemente o Campus Virtual e a plataforma de teleformación Microsoft Teams.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.